Below you will will find archived content, originally published on Frugallyminded.com. AnnuityFreedom.net asserts no rights over this content.
Estilos esenciais de W3C
Orixinal: http://www.w3.org/StyleSheets/Core/Overview.html
Tradutor: Frugallyminded.com
Por favor, teña en conta que: Este documento é unha tradución e pode conter erros. O documento orixinal en inglés no sitio web de W·C é o documento oficial.
Os estilos esenciais de W3C ofrécenlle aos autores unha maneira sinxela de comezar a utilizar follas de estilo sen ser deseñadores. Agregando a ligazón no encabezado dos seus documentos, o explorador CSS elixirá a folla de estilo que vostede desexe do servidor de W3C cando atope o seu documento. Un explorador non CSS mostrará o documento HTML como sempre o fixo.
Para comezar a utilizar os estilos esenciais de W3C, faga o seguinte:
- Seleccione a súa folla de estilo favorita entre as seguintes opcións: Chocolate, medianoite, modernista, estilo antigo, aceirado, suízo, tradicional e ultramarino.
- Engada un elemento de ligazón ao encabezado. Aquí expoñemos un exemplo de como facelo en HTML 4.01:
<!doctype html public '-//W3C//DTD HTML 4.01//EN' 'http://www.w3.org/TR/html4/strict.dtd'> <html> <head> <title>Document title</title> <link rel="stylesheet" href="http://www.w3.org/StyleSheets/Core/Modernist" type="text/css"> </head> ...
or in XHTML 1.0:
<!DOCTYPE html PUBLIC '-//W3C//DTD XHTML 1.0 Strict//EN' 'http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-strict.dtd'> <html> <head> <title>Document title</title> <link rel="stylesheet" href="http://www.w3.org/StyleSheets/Core/Modernist" type="text/css" /> </head> ...
Verifique a fonte HTML desta páxina par aver un exemplo real.
Os estilos esenciais de W3C foron deseñados e implementados por Todd Fahrner coa colaboración dos seus colegas de (nese momento)Verso [link back to 1998].
Este é un proxecto continuo co fin de explorar as follas de estilo compartidas na Web; para iso, recomendámoslle comezar a utilizar os estilos esenciais. Cando o faga, deberá ter en conta o seguinte:
- A maioría dos documentos HTML non son válidos segundo a especificación HTML . Os documentos inválidos, en combinación cos estilos esenciais, poden ocasionar resultados inesperados. W3C ofrece unha maneira de validar documentos. Ademáis, para conseguir mellores resultados, a marcaxe HTML non debe esatar relacionada ca presentación (evitando por exemplo táboas no deseño, etiquetas de FONTE, uso excesivo de <BR>, etc.) nin coa estrutura(epor exemplo, uso de H1-H6 para encabezamentos).
- Ao mes de agosto de 2002, xa hai implementacións completas de CSS1, pero non de CSS2. A maioría das implementaciones tiveron inconvenientes co manexo de certas combinacións propiedade/valor CSS en certos elementos de etiquetaxe. Por tanto, durante a fase de transición, utilizaremos a técnica denominada browser sniffing (coñecer o explorador do usuario mediante comprobacións) a fin de asegurarnos de que os exploradores non reciban follas de estilo que non poidan manexar. Funciona deste xeito: o servidor de W3C detecta o explorador que vostede utiliza (mediante o campo do encabezado HTTP do Axente usuario) e elimina os módulos de follas de estilo cos que o seu explorador en particular ten inconvenientes. Esta solución irá desaparecendo paulatinamente na medida en que mellore a compatibilidade co explorador para CSS.
- Por motives técnicos ou estéticos, as Follas de estilo W3C poderán cambiar co tempo. Con todo, preservarase o estilo e aspecto xeral de cada folla de estilo.
Bert Bos, W3C Curator